Premio de Novela Manuel García Barros, 2001. Unha revista encárgalle á protagonista deste libro a confección dunha reportaxe sobre a prostitución en Galicia. Este é o punto de partida desta novela saudosa, pero chea de vida e humor.
Bieito Iglesias Araúxo, nado en Ourense o 8 de xaneiro de 1957, é un escritor galego.
Fillo de emigrantes, criouse en Quintián, Coles, cos avós. E licenciado en Historia e exerceu de profesor de lingua e literatura galegas en Santiago de Compostela. Colabora en xornais e revistas como A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Grial ou Tempos Novos. Traduciu a Arthur Conan Doyle ao galego.
e descubre todas as novidades do libro en galego