Premio de Novela Manuel García Barros, 2003. A novela iníciase no balneario de Mondariz, onde se vai celebrar unha voda da alta sociedade da época. A partir dun dobre asasinato desátase unha cadea de acontecementos que han levar a Sebastián Faraldo, xornalista obeso e sentimental, a intentar
Xabier López López (Bergondo, 1974) reside en Betanzos desde hai dúas décadas.
Veciño de Betanzos dende 1993, é licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña. Desenvolveu, paralelamente á súa carreira literaria, diversas actividades relacionadas co asociacionismo de base que o levaron a presidir a Asociación Cultural Eira Vella (1999-2003), entidade editora da revista semestral A Xanela, onde viron a luz as súas primeiras achegas literarias a mediados dos anos noventa.
Colaborador ocasional de prensa escrita e dixital (A Nosa Terra, De Luns a Venres, Grial, entre outras), a súa carreira autorial, centrada na narrativa, contempla primordialmente a novela, sen desatender incursións ocasionais no relato ou no mundo do conto infantil.
A súa primeira novela foi Biff, Bang, Pow! (1997). No ámbito infantil e xuvenil publicou tamén A vella quenlla perde os dentes (2005), Cando Artur non era rei (2012) e Son un can! (2013).
Como narrador para adultos deuse a coñecer con Doutor Deus (1999), á que seguiron O caderno (2001, Premio Risco de Literatura Fantástica), O mono no espello (2002, Premio Lueiro de Novela Curta), A estraña estrela (2003), A vida que nos mata (2003, Premio García Barros e Premio da Crítica Española), Trinta e dous dentes (2007), 1989 (2013) e Cadeas (Premio Xerais 2013). A súa obra está traducida ao castelán e portugués.
e descubre todas as novidades do libro en galego