Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Despois do éxito de Brooklyn Follies, Paul Auster volve cunha novela que sorprende xa desde o comezo: un home, vello e só, está sentado nun cuarto no que hai unha ventá e unha porta, unha cama, un escritorio e unha cadeira. Ao espertar non ten lembranzas, non sabe se pode saír ou non. Arredor del
Despois do éxito de Brooklyn Follies, Paul Auster volve cunha novela que sorprende xa desde o comezo: un home, vello e só, está sentado nun cuarto no que hai unha ventá e unha porta, unha cama, un escritorio e unha cadeira. Ao espertar non ten lembranzas, non sabe se pode saír ou non. Arredor del apenas hai obxectos: unhas fotos vagamente familiares, catro moreas de follas de papel e etiquetas cunha palabra escrita a man. Velaquí o punto de partida da nova proposta narrativa do escritor norteamericano. Nesta novela, Paul Auster reflexiona, desde a ficción narrativa, sobre as pantasmas da creación, mesmo incorporando ou rescatando personaxes doutras obras anteriores súas. Unha viaxe interior que é, ao mesmo tempo, unha esixente proposta de creación, da que fai cómplice ao lector, que participa no relato case que en pé de igualdade. A tradución é de Eva Almazán, que traduciu tamén Brooklyn Follies, novela que acadou un enorme éxito en toda Europa e nos Estados Unidos, presentada en galego ao mesmo tempo ca noutras linguas do Estado español. Do mesmo xeito, Viaxes no scriptorium publícase simultaneamente en castelán (Anagrama), catalán (Edicions 62), éuscaro (Alberdania) e galego (Galaxia). Editorial Galaxia publicará, este mesmo ano, o guión literario da próxima película de Paul Auster, titulada The inner life of Martin Frost, da que tamén é director.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Paul Auster, nado en Newark (Nova Jersey) o 3 de febreiro de 1947 e finado en Nova York o 30 de abril de 2024, foi un escritor estadounidense.
Parte da súa obra está ambientada na cidade de Nova York. Na súa mocidade traduciu poesía francesa, e foi tamén poeta antes de orientarse cara á novela. Ten traballado tamén para o cine; seus son os guións de Smoke, Blue in the Face e Lulu on the Bridge. Mentres residía en Brooklyn obtivo o Premio Médicis en 1993 pola novela Leviatán.