Premio Torrente Ballester, 2003 Premio da Crítica Española, 2004 Gañador do Premio Torrente Ballester 2003, Xesús Constela Doce propón un achegamento narrativo, desde a imaxinación creadora dun eficaz fabulador, ás distintas facianas da vida de homes e mulleres. En verbas do crítico Xosé Antonio
Xesús Constela Doce, nado en Ferrol o 2 de xaneiro de 1963, é un escritor galego.
Licenciado en Filoloxía inglesa pola Universidade de Salamanca en 1986, onde tamén participou en revistas de creación literaria. Residente na localidade de Poio, foi profesor de inglés de secundaria até 2022 e tamén colaborador habitual do suplemento Nordesía do Diario de Ferrol entre os anos 2004 e 2009.
En 2008, baixo o título de Como se fixo o primeiro alfabeto, publicou en Edicións Embora a tradución e adaptación de dous contos de Rudyard Kipling. Gañador da XV edición do Premio Torrente Ballester fallado na Coruña en decembro de 2003 co libro de relatos As humanas proporcións, obra publicada pola Editorial Galaxia no ano 2004 e galardoada no ano 2005 co premio da Asociación Española de Críticos Literarios na modalidade de Narrativa en Galego.
e descubre todas as novidades do libro en galego