A Biblioteca de autor que Galaxia dedica ao autor lugués inclúe este libro que é fundamental para entender a evolución da literatura galega do século XX. A cuberta do libro reproduce un cadro de Carlos Maside e conserva o limiar que para a primeira edición fixera Salvador Lorenzana. Publicado no
Ánxel Fole Sánchez, nado en Lugo o 11 de agosto de 1903 e finado na mesma cidade o 9 de maio de 1986, foi un escritor en galego e castelán que cultivou todos os xéneros literarios (narrativa, poesía, teatro e ensaio), aínda que a súa sona lle vén fundamentalmente dos seus libros de contos, recollidos en catro volumes: Á lus do candil (Galaxia 1953), Terra brava (Galaxia 1955), Contos da néboa (Edicións Castrelos 1972) e Historias que ninguén cre (Xerais 1981). Ingresou na Real Academia Galega en 1963. No ano 1981 foi nomeado membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega e no ano 1983 foi proposto para o Premio Nobel de Literatura. En 1997 foille adicado o Día das Letras Galegas.
Usou os pseudónimos Bakurin, F. de N., Fole de Navia, Eginardo de Tor, Fuco de Caldas, Lexandre de Arcos, Lucencio, Troitiño, Xelos de Orbán e Neumandro (o máis utilizado).
e descubre todas as novidades do libro en galego