1. INICIO
  2. Libros
  3. TEIMA DE XAN, A (V)
TEIMA DE XAN, A (V)

TEIMA DE XAN, A (V)

Antonio García Teijeiro
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

A morte do seu tío Peixoto leva a Xan a lembrar un tempo pasado no que as personas non podían pensar en liberdade. Dese tempo gris, feito da cor da mesquindade e do medo, Xan garda as páxinas dun diario de adolescencia que lle fan lembrar o sopro de humanidade que a aparición do seu Peixoto veu

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
GALAXIA
Data publicación
2005-01-29
Páxinas
128
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4828-8788-3
EAN
9788482887883
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Antonio García Teijeiro

Ver autor

Antonio García Teijeiro, nado en Vigo o 13 de agosto de 1952, é un escritor galego, dedicado principalmente á literatura infantil, e mestre de escola.

Exerceu como mestre de Ensino Primario e Primeiro Ciclo da ESO. Colaborou nas páxinas literarias e pedagóxicas de xornais e revistas de Galicia, e en diversos proxectos literarios. Crítico e especialista en literatura infantil e xuvenil, impartiu cursos de animación á lectura, creación literaria, obradoiros de poesía, palestras. Como tradutor ó galego leva realizado diversos traballos dentro do eido literario infantil e xuvenil. Dirixiu coleccións editoriais e programas de radio de tema literario. Codirixiu o programa radiofónico de música e poesía Os sons do silencio.

Recibiu o Premio Merlín e o premio Pier Paolo Vergerio. A súa obra figura nas listas da IBBY. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España pola obra Poemar o mar.

Algúns dos seus poemas foron musicados por grupos e músicos coma Antón Seoane e Paco Ibáñez. Mantén unha intensa actividade na rede co seu blog Versos e Aloumiños.

Xogou ao balonmán na División de Honra co Academia Octavio.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Antonio García Teijeiro

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego