A falta de auga, é o gran problema que transforma a vida dos ourensáns. A ausencia do prezado líquido provoca cambios de costumes e fai xurdir negocios clandestinos non exentos de riscos. Arredor dunha cervexaría de Ourense na que se tecen intrigas, amores, pescudas e fondas amizades enléase a
Uxía Casal Silva, nada en Santiago de Compostela o 13 de maio de 1957, é unha escritora galega de literatura xuvenil de ficción científica.
Licenciada en Historia da Arte Moderna e Contemporánea en 1979 e en Filoloxía Española en 1984 na Universidade de Santiago de Compostela. Nese último ano marchou para Ourense, onde deu clase de Lingua e Literatura Galegas durante dezaoito anos. Xubilada en 2003 por problemas de saúde. Viviu en Nigrán e Ribeira.
O colectivo A Sega escolleuna como A Nosa Señora das Letras do 2021, no VIII Día das Galegas nas Letras.
e descubre todas as novidades do libro en galego