1. INICIO
  2. Libros
  3. MELODIA DE DIAS USADOS
MELODIA DE DIAS USADOS

MELODIA DE DIAS USADOS

Anxos Sumai
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Narrar a propia vida coma se se tratase dunha novela, con personaxes e feitos que nacen do mundo cotiá que logo medran co alimento da imaxinación, velaí o acerto de Anxos Sumai. O seu diario na Internet arrequéntase nas páxinas deste libro no que a escritora de Catoira toca unha melodía coñecida

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
GALAXIA
Data publicación
2005-05-25
Páxinas
384
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4828-8809-5
EAN
9788482888095
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
Avatar

Anxos Sumai

Ver autor

María Anxos Sumai García, nada en Oeste (Catoira) o 29 de novembro de 1960, é unha documentalista, tradutora e escritora galega.

Estudou na Universidade de Santiago de Compostela (USC) Xeografía e Historia e especializouse en Biblioteconomía, Arquivística e Documentación. Dende 1985 traballa como bibliotecaria e documentalista na Biblioteca Nodal e no Museo Provincial de Pontevedra. Tamén coordina a Área de Documentación do Consello da Cultura Galega.

Colaboradora de distintas publicacións nos anos oitenta e noventa, a súa actividade literaria desenvólvese na rede dende o ano 2001 no portal culturagalega.org, onde tivo as seccións Anxos e diaños, con Roberto Ribao, Anxos da garda e Crítica da memoria pura. Colaborou na segunda etapa da revista Guía dos Libros Novos coa sección "Hemisferio Oeste" (2003-2004). No Diario Cultural da Radio Galega tivo o espazo “Somos perigosamente normais”.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Anxos Sumai

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego