A novela que se recupera no 2005 na colección literaria amosa algún dos trazos definitorios que a obra que Camilo Gonsar publicaría posteriormente. Unha primeira novela dunha madureza abraiante, que conta o deambular dun estudante galego polas rúas de Madrid nos prieiros meses do ano 1959,
Camilo González Suárez-Llanos, chamado artisticamente Camilo Gonsar, nado en Sarria o 12 de agosto de 1931 e finado en Vigo o 9 de novembro de 2008, foi un escritor galego.
Despois de estudar o bacharelato en Vigo, cursou as carreiras de Filosofía e Dereito en Madrid, experiencia que retratou na súa primeira novela, Como calquera outro día, publicada en 1962.Escribiu o seu primeiro relato, Lonxe de nós e dentro, un ano antes de publicar esta obra, viviu un tempo en Londres, onde realizou distintos traballos, algúns deles na hostalaría, e despois na Universidade de Syracusa (Estado de Nova York). Dende 1964 traballou como profesor de instituto (de filosofía) en Lugo, Barcelona, Cangas, Pola de Siero ou finalmente Vigo, onde residiu ata a súa xubilación e posteriormente.
O 14 de decembro de 2002 ingresou na Real Academia Galega, co discurso Sobre a literatura galega: un achegamento subxectivo, que foi respondido por Xosé Luís Franco Grande.
e descubre todas as novidades do libro en galego