Mais a análise non se limita ao estudo do contexto dramático e teatral, en Galicia ou en Europa, tamén se propón unha lectura en clave actual dos textos de Lugrís. Faise o camiño que leva da páxina impresa ao escenario, que se concreta na creación de espectáculos, analizando os procesos que
Manuel Francisco Vieites García, nado en Lorbé (Oleiros) en 1956, é un profesor e estudoso do teatro galego.
É licenciado en Filoloxía Xermánica e doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de ensino secundario. A partir de 1980, iniciou actividades varias como animador teatral. Así, participou na creación do Taller de Teatro da Universidade Popular de Corcubión, da Aula de Teatro da Escola Universitaria de Formación de Profesorado de EXB de Pontevedra (1986-1989), e dos grupos de teatro infantil Katakrok e Kalandraka. Desempeñou o seu labor docente no Instituto Politécnico de Vigo, do que foi Secretario e Director, e entre 2010 e 2021 tamén foi profesor asociado na Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo.
Formou parte dos consellos de redacción da Revista Galega de Teatro e da revista ADE-Teatro, dirixu as publicacións Ensaio e o Anuario Galego de Estudos Teatrais e participou na edición da Biblioteca de Teatro da Editorial Galaxia en 2004. Dende 1996 forma parte da Asociación de Directores de Escena de España e na actualidade dirixe a revista ADE/Teatro.
e descubre todas as novidades do libro en galego