Arbores e planetas, terra e ceo, lúa e sol crean o acubillo no que se gorecen as voces. A palabra, a fala e os falares relacionan directamente a poesía co que está fóra dela. O interior é exterior, e viceversa: a aparencia é a realidade. Estes poemas, coma o xeo, amosan e ao mesmo tempo velan. A
María do Cebreiro Rábade Villar, nada en Santiago de Compostela o 5 de xullo de 1976, é unha poeta e ensaísta galega e doutora en Teoría da Literatura.
Filla dos escritores Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes e irmá do pianista Abe Rábade. En 1998 licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. É doutora en Teoría da Literatura, investigadora e profesora Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela de Teoría da Literatura e Literatura Comparada.
e descubre todas as novidades do libro en galego