Edicións do Cumio recupera este clásico infantil nunha edición dirixida aos primeiros lectores baseada nas ilustracións do artista galego Fino Lorenzo. Un libro editado en formato grande e tapa dura, con ilustracións a toda cor que espertarán a imaxinación dos máis pequenos. "-Meu amo, deixa xa de
Charles Perrault, nado en París o 12 de xaneiro de 1628 e finado na mesma cidade o 16 de maio de 1703, foi un escritor francés. Era irmán de Claude.
Naceu no seo dunha acomodada familia burguesa e protexido de Colbert. Asistiu ás mellores escolas e estudou dereito antes de iniciar unha carreira no servizo gobernamental. Tomou parte na creación da Academia das Ciencias e na restauración da Academia de Pintura. Foi secretario da Academia Francesa desde 1663.
En 1687 escribiu o poema O século de Luís o Grande e, en 1688, Comparación entre antigos e modernos, unha alegación en favor dos escritores "modernos" e en contra dos tradicionalistas.
Aos 55 anos escribiu o libro Contos de mamá ganso. A súa publicación comezou a darlle fama entre os seus coñecidos e significou o comezo dun novo estilo de literatura: os contos de fadas. Para os seus relatos, Perrault recorreu a paisaxes que coñecía como o Castelo de Ussé para o conto de A Bela Dormente.
e descubre todas as novidades do libro en galego