Cando escoitas o corazón doutra persoa todo pode cambiar nun intre. Iso é maxia!E esta maxia aprenderáa Lucas de súa nai, quen tamén lle descubrirá en que cousas hai que fixarse para averiguar como se atopa unha persoa sen que esta che diga nada.
Enxeñeira de telecomunicacións, instrutora de ioga prenatal e familiar, escritora e nai, comezou a practicar ioga en 1990 e pasou dez anos profundando no seu estudo e práctica mentres continuaba a súa carreira no mundo empresarial. No ano 2000, tras o nacemento do seu fillo, xurdiu o seu interese por investigar e, posteriormente, difundir as aplicacións das prácticas de ioga e traballo corporal como apoio durante o embarazo e a crianza, e como medio para mellorar a calidade das relacións familiares e sociais. Ao longo destes anos, afondou na súa comprensión da anatomía experiencial e explorou temas educativos e relacionados coa saúde. Facilita clases de ioga para mulleres e familias e seminarios avanzados para profesionais. Colabora con varias revistas do sector e escribiu varias historias para que as familias as lean xuntas.
e descubre todas as novidades do libro en galego