O Clube da Lúa Chea marcha de campamento! Os aprendices de maxia vivirán xuntos no medio do bosque e poderán practicar os seus feitizos en plena natureza. Ou iso cren eles. Ao chegar ao seu destino, atoparanse cun veraneante inesperado disposto a estragarlles as vacacións...
Pedro Mañas (Madrid, 1981) é licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade Autónoma de Madrid. Foi precisamente alí onde un dos seus relatos foi seleccionado para unha selección de novos autores. Desde entón, fóronlle concedidos diferentes galardóns nacionais e internacionais no ámbito da narrativa infantil, entre os que destacan o premio Ler é Vivir da editorial Everest e o premio Ciudad de Málaga da editorial Anaya. Más recentemente resultou gañador do Barco de Vapor da editorial SM e do Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil, dúas dos galardóns máis prestixiosos de literatura para nenos en lingua castelá. Algunhas das súas obras premiadas foron traducidas ao francés, ao alemán, ao portugués, coreano ou ao chinés, entre outras linguas.
Hoxe en día, Pedro compaxina o seu labor literario con encontros en centros docentes e actividades de promoción da lectura. Das súas obras, os lectores e a crítica coincidiron en destacar o humor, a orixinalidade e a capacidade para achar e recrear o lado fantástico da vida cotiá.
e descubre todas as novidades do libro en galego