ELA É UNHA GATA PEQUENA E ESPELIDA. EL, UN CAN PACHORRENTO E GRANDÓN. GÚSTALLES XOGAR, ENREDAR E...VIAXAR! Lala e Lolo inauguran unha nova colección de libros de cartoné para os máis pequenos, pensada para compartir, xogar e descubrir xuntos. Con solapas e mecanismos deslizantes, estes dous
Eva Mejuto Rial, nada en Sanxenxo o 8 de maio de 1975, é unha escritora galega.
Doutorouse en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela cun traballo sobre o realismo social no álbum ilustrado: Álbum testemuño: achegar a realidade ás crianzas. Traballou na editora Kalandraka ata 2004 e en OQO Editora ata 2016. En 2017 coordinou o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. En 2018 formou parte do Proxecto Capicúa de xestión cultural.
A súa especialidade é a literatura infantil e xuvenil. Ten realizado cursos de formación sobre libro-álbum e exercido a docencia no mestrado Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo. Participa habitualmente en encontros en colexios.
e descubre todas as novidades do libro en galego