1. INICIO
  2. Libros
  3. A ERA DE ACUARIO
A ERA DE ACUARIO

A ERA DE ACUARIO

Xosé Ramón Pena
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

A era de Acuario, así comeza o primeiro verso da canción que abre a ópera rock Hair ¿Casualidade? Nada é casual nesta novela, nin sequera a distancia co que o autor enfoca e escolle os acontecementos. Todo está meditado, nada queda para a improvisación. Xosé R. Pena pon nas mans do lector unha

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4830-2175-0
EAN
9788483021750
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
Avatar

Xosé Ramón Pena

Ver autor

Xosé Ramón Pena Sánchez, nado en Betanzos o 27 de setembro de 1956, é un profesor e escritor en lingua galega.

Pasou a infancia e mocidade na Coruña. Licenciado en filoloxía hispánica e galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, pola que é doutor en Filoloxía. Foi membro do colectivo Alén. Profesor na Universidade de Vigo e mais na de California (Santa Barbara), traballou como catedrático de lingua e literatura galega no IES Santa Irene de Vigo ata a súa xubilación. Tamén impartiu aulas na UNED.

O seu labor ocupou os espazos da investigación na historia da literatura galega, na narrativa e no xornalismo. Dentro do primeiro deles, especializouse nos campos da literatura medieval e das vangardas galegas, estudando e editando a obra de Ramón Cabanillas, Luís Amado Carballo ou Manuel Antonio. É autor de títulos como Manuel Antonio e a vangarda, Xograres do mar de Vigo, Historia da literatura medieval galego-portuguesa, Historia da Literatura Galega (da que se levan publicado 4 volumes) ou -con Manuel Forcadela- Estudos sobre Os Eoas de Eduardo Pondal. Así mesmo levou a cabo o estudo e edición de Na noite estrelecida, Da terra asoballada, A esmorga e No desterro. Con Xosé María Dobarro realizou a edición da Poesía galega completa (2009) de Ramón Cabanillas.

Gañou o Premio Xerais (1987), o Premio Antón Losada Diéguez (1988 e 2017), o Premio Fervenzas Literarias (2015) e o Premio da Crítica Galicia (Investigación, 2015). Colaborou en xornais e revistas, e mantivo unha columna semanal no xornal Faro de Vigo no cal dirixiu, ademais durante décadas, o suplemento cultural semanal "Faro da Cultura". Foi director da colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Xosé Ramón Pena

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego