Robert Louis Balfour Stevenson, nado en Edimburgo , Escocia , o 13 de novembro de 1850 e finado en Vailima, preto de Apia , illa de Upolu , Samoa , o 3 de decembro de 1894, tamén coñecido como Robert L. Stevenson ou R.L. Stevenson, foi un novelista , relatista , poeta e ensaísta británico.
O seu legado, considerado parte do movemento posromántico , é unha ampla obra que inclúe viaxes , coleccións de relatos e novelas de aventuras e históricas , así como poesía lírica e ensaios tan pouco comúns como *Apology for Idleness * (1876) e * Secular Morality * (1897).
e descubre todas as novidades do libro en galego