1. INICIO
  2. Libros
  3. CUCA E O ABRIGO MARRÓN
CUCA E O ABRIGO MARRÓN

CUCA E O ABRIGO MARRÓN

FINA CASALDERREY
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Cuca é unha cadela de pelo negro moi crecho. Vive na rúa, libre coma as bolboretas ou o vento, pero tamén baleira de agarimos. O frío faise dono dos días e Cuca monta garda onda un aparcadoiro de coches. Cando chega algún, dálle igual que sexa bonito ou feo, grande ou pequeno? En canto o ruído do

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
RODEIRA
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4834-9370-0
EAN
9788483493700
Formato
TAPA DURA
Avatar

FINA CASALDERREY

Ver autor

Xosefa Casalderrey Fraga, máis coñecida como Fina Casalderrey, nada en Xeve (Pontevedra) o 11 de agosto de 1951, é unha escritora, profesora de educación secundaria, etnógrafa vocacional, gastrónoma, conferenciante e periodista galega.

Exerceu como mestra dende os dezanove anos, xubilouse no 2010 como profesora de ensino secundario, despois de estar 25 anos en Moraña e 10 en Marín. Foi no ensino onde comezou a crear e dirixir pezas teatrais representadas polo seu alumnado, algunhas recollidas en Edicións Xerais.

Unha das súas inquedanzas é a investigación etnográfica, onde gañou concursos diversos premios co seu alumnado. Outra inquietude é a gastronomía, e así publicou, xunto con Mariano García, O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia.

A súa narrativa distínguese pola súa agudeza na observación e recreación do mundo dos adolescentes, polo realismo dos seus personaxes e situacións e por un ritmo capaz de converter calquera asunto cotián nun relato de suspense.

Colabora na prensa, revistas, congresos, xurados, pregóns, charlas-coloquio, mesas redondas... sobre literatura, gastronomía, entre outros temas.

En 1991 deuse a coñecer no mundo das publicacións coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. No ano 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa novela O misterio dos fillos de Lúa. A maior parte da súa obra está traducida ás linguas peninsulares, isto é, ao catalán, éuscaro, asturiano, aragonés, castelán e portugués.

En 2013 foi elixida membro da Real Academia Galega, ocupando a vacante deixada por Xaime Illa Couto.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de FINA CASALDERREY

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego