Buenaventura Aparicio Casado, nado en Peñafiel, Valladolid, o 14 de xullo de 1946 é un profesor, antropólogo e escritor galego.
Aos seis anos xa veu para Pontevedra, onde estudou. Exerceu moitos anos de mestre e logo de Profesor de Historia no IES Chan do Monte de Marín e tamén profesor-tutor na UNED en Pontevedra. As súas investigacións centráronse na arte rupestre e na antropoloxía cultural, estudando a tradición oral, a relixiosidade popular e os aspectos simbólicos da arte rupestre.
Fundou e coordinou o grupo de investigación A Laxe da Irena e foi membro do Consello asesor de patrimonio do Concello de Pontevedra. Ten participado en numerosos congresos nacionais e internacionais de Arqueoloxía e Antropoloxía Cultural. Doutor en Historia, a súa tese titulouse El folklore en los yacimientos arqueológicos de Galicia, foi dirixida por Xosé Carlos Bermejo Barrera e lida na UNED en 1997.
e descubre todas as novidades do libro en galego