Dúas voces alternándose? Unha voz que resulta da unión de dúas voces? Ou un libro de versos escrito a catro mans? E con eles, Juan Ramón Alonso, o ilustrador que nos achega as súas mans de artista. [Fragmento do limiar, de Antonio Rubio] Dous poetas, o galego Antonio García Teijeiro e o andaluz Juan
Antonio García Teijeiro, nado en Vigo o 13 de agosto de 1952, é un escritor galego, dedicado principalmente á literatura infantil, e mestre de escola.
Exerceu como mestre de Ensino Primario e Primeiro Ciclo da ESO. Colaborou nas páxinas literarias e pedagóxicas de xornais e revistas de Galicia, e en diversos proxectos literarios. Crítico e especialista en literatura infantil e xuvenil, impartiu cursos de animación á lectura, creación literaria, obradoiros de poesía, palestras. Como tradutor ó galego leva realizado diversos traballos dentro do eido literario infantil e xuvenil. Dirixiu coleccións editoriais e programas de radio de tema literario. Codirixiu o programa radiofónico de música e poesía Os sons do silencio.
Recibiu o Premio Merlín e o premio Pier Paolo Vergerio. A súa obra figura nas listas da IBBY. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España pola obra Poemar o mar.
Algúns dos seus poemas foron musicados por grupos e músicos coma Antón Seoane e Paco Ibáñez. Mantén unha intensa actividade na rede co seu blog Versos e Aloumiños.
Xogou ao balonmán na División de Honra co Academia Octavio.
e descubre todas as novidades do libro en galego