Pippi Mediaslongas ten a capacidade de converter nunha aventura abraiante calquera cousa que faga. Nesta ocasión, canda os seus inseparables Tommy e Annika, Pippi viaxará co seu pai, Efraim Mediaslongas, á illa de Korakora, onde o capitán é un poderoso rei. ½Pippi Mediaslongas nos Mares do Sur╗
Astrid Anna Emilia Ericsson, máis coñecida coma Astrid Lindgren, nada o 14 de novembro de 1907 nunha granxa de Näs en Småland e finada o 28 de xaneiro de 2002, foi unha autora sueca de literatura infantil, que conta con libros traducidos a 85 linguas en máis de 100 países.
e descubre todas as novidades do libro en galego