Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Cancións que farán as delicias das nenas e nenos, con ritmos universais arraigados na música tradicional, e un acompañamento estético e cromático baseado nas técnicas artesanais. “Tic tac” é un libro-cd que combina música e ilustracións, para público infantil a partir de 3 anos de idade. Trátase
Cancións que farán as delicias das nenas e nenos, con ritmos universais arraigados na música tradicional, e un acompañamento estético e cromático baseado nas técnicas artesanais.
“Tic tac” é un libro-cd que combina música e ilustracións, para público infantil a partir de 3 anos de idade. Trátase dunha obra para ver, escoitar e cantar, tanto en familia como na escola, como complemento das clases de Educación Musical. Neste primeiro traballo musical en solitario, Pablo Díaz fai un amplo percorrido por distintos ritmos cos que -dende a perspectiva do folk- abarca a universalidade da música, dende o xénero clásico ata o jazz, pasando polo rock, o soul, o swing e os ritmos latinos.
As 16 cantigas do disco abordan temas próximos aos cativos, como a natureza, o mar, os animais ou o fogar, de xeito que tamén adquiren vocabulario e fórmulas de expresión a través da música.
O libro compleméntase cunhas orixinais ilustracións realizadas coa técnica do linogravado, un método artesanal recuperado por Marc Taeger coa intención de afondar no caracter tradicional da obra.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro