–Tamén quero un casco de piloto, unha lámpada vermella para a cama e unhas botas de pel. –Encargaremos uns traxes elegantes e iremos a unha festa –dixo oso pequeno–. Un tango fino, tigre, iso sería... –Imos buscar un tesouro! –dixo tigre pequeno… “Moitas veces, as cousas non son como un pensa.
Horst Eckert alias Janosch nado o 11 de marzo de 1931 en Hindenburg OS, República de Weimar, é un ilustrador, autor de libros infantís e escritor alemán.
Janosch é coñecido por contos infantís ilustrados como Oh, wie schön ist Panama, Post für den Tiger e Ich mach dich gesund, sagte der Bär, algúns dos cales foron filmados como Janoschs Traumstunde ("a hora dos soños de Janosch"). Tamén é autor de varios libros para adultos.
e descubre todas as novidades do libro en galego