Adela Clorinda Figueroa Panisse, nada en Lugo o 6 de decembro de 1948, é unha bióloga, activista e escritora galega.
É licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1971 e foi catedrática de Bioloxía-Xeoloxía no IES Lucus Augusti de Lugo desde 1996 ata a súa xubilación. Antes estivo no IES A Xunqueira, IES Valle Inclán e IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Desde o ano 1990 é Mestrado en Educación Ambiental, pola UNED e a Universidade Empresa. Colaborou coa Misión Biolóxica de Galicia e o Centro Forestal de Lourizán, tamén coa Universidade do Minho como bolseira, no departamento do Instituto da Educação, e no de Quimica Pura e Aplicada.
e descubre todas as novidades do libro en galego