Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Henrique Rabuñal ofrécenos unha viaxe intensa pola biografía intelectual do polígrafo tudense Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985), un amante da liberdade e da dignidade que fixo da palabra oral e escrita a súa fermosa arma de intervención. Xosé María foi mestre da República, libreiro, editor,…
Henrique Rabuñal ofrécenos unha viaxe intensa pola biografía intelectual do polígrafo tudense Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985), un amante da liberdade e da dignidade que fixo da palabra oral e escrita a súa fermosa arma de intervención. Xosé María foi mestre da República, libreiro, editor, escritor, profesor, articulista, arqueólogo, bibliófilo, conversador, conferencista, académico, galeguista, cronista de Vigo, ávido coleccionista, pai, voz da radio e erudito en moitos saberes.
A presente obra retrata a súa etapa de formación en Tui e Pontevedra, os crueis desterro e exilio interior, os seus proxectos Monterrey e Castrelos asentado en Vigo, a súa obra de creación literaria e en definitiva a súa grandiosa presenza no século XX galego.
Nesa medida trátase dunha homenaxe a quen ten un lugar entre as grandes personalidades das nosas letras e da posa patria.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro