Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Reúne este volume artigos, estudos e traballos varios de case unha década, a inicial deste século, todos eles referidos á lingua de noso. Ben quixera a autora que todo o aquí recollido non tivese nada a ver coa actualidade e formase parte só dunha recordación do pasado. Pasado superado polo cambio…
Reúne este volume artigos, estudos e traballos varios de case unha década, a inicial deste século, todos eles referidos á lingua de noso. Ben quixera a autora que todo o aquí recollido non tivese nada a ver coa actualidade e formase parte só dunha recordación do pasado. Pasado superado polo cambio lingüístico favorábel á lingua nativa e nacional, á lingua galega. Lamentablemente, non é así.
Como todos eles van ordenados simplesmente de forma cronolóxica, quer a casualidade que o primeiro, do ano 2000, se titule cunha pergunta que, hoxe, volve ter, por desgraza, toda a vixencia: ¿a quen ofende o (idioma) galego? Xogabamos daquela coa dupla posibilidade: o nome da lingua e nós mesmos, a Galiza, as galegas e os galegos, metonimia e símbolo que seguen a ser practicábeis no presente: ¿a quen lle sobra -si, sen eufemismos- a existencia da Galiza e do signo principal que a exterioriza? ¿Vai ser máis potente a forza destrutora dos colonizadores de antano e de hoxe, en alianza co autoodio dos nativos, do que a ansia por deixar de liquidármonos?
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro