Esta é unha novela con moitas máis cousas, pero eu fíxome sobre todo nunha: a portentosa descrición da vida labrega de cando Paco Castro e mais eu eramos tamén nenos labregos, el por terras do Incio e eu pola Terra Chá, que ó fin e ó cabo vénvos sendo o mesmo. Pero aquí non hai ningún etnografismo,…
Francisco Castro Alvaredo, máis coñecido como Paco Castro Alvaredo, nado o 7 de outubro de 1953 en Novelín (Rendar-O Incio), é un escritor galego.
Estudou na Escola de Rendar, na de Farbán, e na “Ciudad de los Muchachos” de Ourense, máis coñecida como “Benposta” (de 1968 a 1977). En 1977 marchou estudar maxisterio a Madrid onde formou parte da chamada Comuna de Madrid.
Traballou no Colexio Rexional de Xordos e dende 1986 na Universidade de Santiago, xubilouse en 2019 como Auxiliar Técnico de Biblioteca. Foi representante sindical e claustral na USC.
Participou na fundación de Mono da Tinta en 1987. Ten colaborado en varias publicacións como Revista galega de educación, Encrucillada, La Voz de Galicia con artigos sobre Benposta, e tamén en Praza Pública.
Nunha presa de terra (2013), para Darío Xohán Cabana "é unha novela con moitas máis cousas, pero eu fíxome sobre todo nunha: a portentosa descrición da vida labrega de cando Paco Castro e mais eu eramos tamén nenos labregos, el por terras do Incio e eu pola Terra Chá".
De Benposta a Lamaboa (2021) é unha novela, recreación, ensaio, que constrúe un particular “Poema Pedagóxico” da experiencia benposteña e extrae as ideas e as referencias necesarias para construír o novo proxecto de Lamaboa.
e descubre todas as novidades do libro en galego