penso que debería, dalgún xeito, dar forma literaria (non necesaria-mente como novela, senón como algunha sorte de híbrido narrativo que polo de agora descoñezo : que me descoñece) á loita que manteño no meu interior (calado : paralizado : afogado) contra esta a nosa cidade e a ¡súa! (in)cultura en…
Paco Yáñez (Santiago de Compostela, 1974) desenvolve a súa actividade creativa na intersección de diversas linguaxes artísticas, entre as que destacan a literatura, a música, a fotografía e o cine. Isto faise evidente nas súas novelas ...distancias... (Baía Edicións, 2008) e contra(de)cadencia (Laiovento, 2014; EdictOràlia, 2021), nos seus libros de ensaios musicais Cartografías de la música contemporánea (EdictOràlia, 2021) e Armonías (Accenture/Planeta, 2024), así como nas súas entrevistas, notas de libreto, notas de concertos, críticas e artigos musicais, publicados en once idiomas en medios de comunicación especializados de Europa, Asia e América, con especial énfase nas súas colaboracións nas revistas Scherzo e El Compositor Habla.
e descubre todas as novidades do libro en galego