Con esta obra o profesor Uxío-Breogán Diéguez Cequiel realiza unha fonda incursión na historia do nacionalismo galego. Apresenta unha monografía na que, por vez primeira, obtemos unha detallada panorámica desta realidade entre o plebiscito autonomista de xuño do 1936, diante da II República, e a
Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, nado en Madrid o 17 de febreiro de 1978, é un historiador galego.
É fillo de Fidel Diéguez. Naceu en Madrid, onde fixou a súa residencia parte da familia paterna a finais dos anos 40 e de onde é a súa familia materna, e reside en Galiza desde 1992. Licenciouse en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Historia Contemporánea pola Universidade de Barcelona coa tese Nacionalismo Galego. Desarticulación, resistencia e rearticulación (1936-1975).
É profesor na Universidade da Coruña, na que dirixe a Cátedra de Memoria Histórica da UDC. É membro do Padroado da Fundación Moncho Reboiras para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza.
e descubre todas as novidades do libro en galego