Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Nacionalismo e Imperialismo(e outros escritos )."Unha nación ceibe é aquela que posúe o absoluto control sobor dosseus própríos recursos e poderes internos, e que non sofre restriciónalgunha na súa interrelación con tódalas as outras nacións en semellantescircunstancias salvo as restricións
Nacionalismo e Imperialismo (e outros escritos ). "Unha nación ceibe é aquela que posúe o absoluto control sobor dos seus própríos recursos e poderes internos, e que non sofre restrición algunha na súa interrelación con tódalas as outras nacións en semellantes circunstancias salvo as restricións establecidas pola natureza. ╔ iste o caso de Irlanda?. Se estivera en vigor o Home Rule Bill, sería iste o caso de Irlanda? Para ámbalas dúas preguntas a resposta é: non; máis enfáticamente. íNON!". O texto que antecede forma parte dun artigo publicado por James Connolly no Worker\\\\\\\\\\'s Republic o 12 de febreiro do 1916. O 24 de abril dese mesmo ano sublévase Irlanda -en singular, Dublín- e proclámase a República. Connolly é vicepresidente do Goberno Provisorio. Na loita que se entaboa coas tropas inglesas, cai ferido e, a seguida, preso. Coa ferida engangrenada, os militares ingleses condúceno nunhas angarellas ante o pelotón de fusilamento. Era o día 12 de maio. Nas xornadas precedentes correrá a mesma sorte toda a élite dirixente do nacionalismo radical irlandés e da sublevación popular, na que caíran 1.351 compatriotas seus. James Connolly, nado en Edinburgh de pais irlandeses emigrados, Cristian é marxista, pacifista enfrontado aos socialistas que caíran na trapela da confrontación bélica do catorce, nacionalista "radical", tiña daquela córenla e sete anos. Non cumpriría en vida ningún máis. Fusílano: unha maneira como calquera outra de retirarlle a voz e o voto. Ao sumo, unha maneira máis traumática ca outras. Menos humillante, en troques. Hoxe, á vista dos antecedentes, alguén diría tal vez: gañouno a pulso. Alguén: se cadra, ese mesmo alguén que hoxe cualifica de arrogante -ou mesmo provocadora-- ou de antiga farsa, a actitude duns nacionalistas galegos que se negan a que lles retiren a voz e o voto por vía regramentaria, incustionábelmente incruenta, dencle logo Xosé Manuel Beiras en Por unha Galicia liberada, 1984.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro