1. INICIO
  2. Libros
  3. FEMINISMOS E LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALICIA
FEMINISMOS E LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALICIA

FEMINISMOS E LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALICIA

Montse Pena Presas
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Que libros demostran que os feminismos deixaron a súa pegada nasobras literarias para nenas e nenos? Que grupos de mulleres comezarona traballar a prol da coeducación e dunha literatura igualitaria enGalicia? Velaquí as dúas preguntas a partir das que nace este ensaio. Unensaio que quixera abrir

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Laiovento, S.L.
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4848-7405-8
EAN
9788484874058
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
Avatar

Montse Pena Presas

Ver autor

Montserrat Pena Presas, nada en Sada o 27 de abril de 1981, é unha crítica literaria galega.

Especialista en literatura infantil e xuvenil, licenciouse en Filoloxía Galega, obtivo o Diploma de Estudos Avanzados en Teoría da Literatura e Literatura Comparada e doutorouse pola Universidade de Compostela. A súa tese, dirixida por Dolores Vilavedra e Bieito Valdivia, titúlase "Feminismo, xénero e coeducación na literatura infantil e xuvenil: historia crítica e aplicación didáctica" (2016). Ademais, obtivo un máster en Edición pola Universidade de Salamanca. Foi profesora de lingua, literatura e cultura galegas na Bangor University (Gales), e, actualmente, traballa como profesora no Departamento de Didácticas Aplicadas da Universidade de Santiago de Compostela no campus de Lugo.

No eido da crítica literaria, colabora en diferentes suplementos culturais (Faro da Cultura, ProTexta, Sermos Galiza) e revistas especializadas (Grial, Anuario de Estudos Literarios Galegos, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, entre outras), tendo publicado artigos sobre Carlos Casares, Agustín Fernández Paz ou Xohana Torres.

É coautora de materiais didácticos moi variados, entre eles os libros de Lingua e Literatura Galega para a ESO de Editorial Galaxia. Colaboradora do Diario Cultural da Radio Galega. En 2023 nomeárona membro correspondente da Real Academia Galega.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Montse Pena Presas

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego