Título: O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCL╙RICOS.Subtítulo: RELATOS, CONTOS E LENDAS DE TRADICI╙N ORAL.Atopar un tesouro é sentir a emoción de enlazar o presente co pasado máis valioso. Así é o traballo de José Rodríguez Cruz, un tesouro que recupera o patrimonio esvaecido do mundo máxico do Couto
José Rodríguez Cruz, nado na Gudiña o 29 de novembro de 1956, é un etnógrafo galego.
Nas súas investigacións ten recadado información sobre toponimia, refráns, cantigas, crenzas, lendas, ditos e adiviñas, contos, así como sobre o Entroido e o traxe galego, desenvolvendo esta labor na súa comarca natal e na contorna do sueste da provincia de Ourense, Tras os Montes en Portugal e Seabra na provincia de Zamora.
Entre setembro de 2000 e xuño de 2006 foi impulsor da Asociación Cultural Padroado da historia e das tradicións da Gudiña, entidade que organizou actividades culturais, un concurso escolar sobre relatos curtos no ámbito da contorna de Conso-Frieiras.
En 2011 era membro da Asociación de Amigos do Couto Mixto.
Ten realizado colaboracións co sacerdote portugués António Lourenço Fontes en traballos sobre A Raia Seca e no Congreso de Medicina Popular que el organiza en Vilar de Perdízes (Montalegre). Colaborou tamén en diversos artigos con Xesús Ferro Ruibal.
e descubre todas as novidades do libro en galego