Logo de analizar nun libro anterior as circunstancias sociais, familiares e persoais de Xesús de Nazaret, neste novo volume estudamos as razóns que levaron a unha pequena seita, xurdida do xudaísmo, a converterse en paradigma cultural e moral de Occidente e en relixión preponderante a nivel
Xulio Xabier López Valcárcel, nado en Romeán (Lugo) en 1953, é un escritor galego. Irmán de Xesús Manuel Valcárcel, tamén escritor.
Reside na Coruña. Estudou no Seminario de Lugo e licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela traballando como procurador dos tribunais. Coñecido sobre todo como poeta, participou nos colectivos Cravo Fondo e De amor e desamor. Foi parte do consello de redacción de Luzes de Galiza e presidente da Agrupación Cultural O Facho. É membro da Asociación Española de Críticos Literarios.
Xaime Toxo, Xulio López Valcárcel, Pedro Corsino e Afonso Ribas Fraga na presentación do libro A invención dun Deus. Xesús de Nazaret. Pontevedra, 2017.
Obtivo o Premio Nacional de Poesía para menores de 25 anos, Premio Guimarães, en Portugal, gañador do Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago en 1979, Premio "Antonio Tovar" en Ourense, 1993, e Premio da Crítica Española en 1994 e 2004. Así mesmo é autor de diversos traballos sobre arte e literatura e algúns libros de relatos. Foi ademais colaborador de prensa participando na Páxina literaria de El Ideal Gallego, que obtivo o Premio Irmandade do libro outorgado pola Federación de Librarías de Galicia no 2002. Tamén participou na radio co programa Entre libros con X.L.V. de Radio Coruña, Cadena SER.
É membro destacado da Xeración Poética dos 80.
e descubre todas as novidades do libro en galego