"Comecei a odiar a miña familia o día en que nacín". Así arrinca esta biografía de odio. Anxo, o seu narrador e protagonista, é a personificación do autoodio: despreza as súas orixes, a súa terra e a súa clase social. Odia a súa deforme nai, o seu fracasado pai, o seu beato irmán, a súa rancorosa
José Araújo Pérez, tamén coñecido como Josiño Araújo Pérez, nado en Vigo en 1986, é un avogado, cineasta e escritor galego.
Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Barcelona. Tamén Produción Audiovisual no IES Audiovisual de Vigo. Exerce a profesión de avogado en Vigo.
Ten colaborado en A Nova Peneira, Atlántico Diario, Europa FM e o xornal dixital La Marea baixo pseudónimo.
Dirixiu varias curtametraxes e videoclips de grupos, como Cró! ou Trilitrate.
Foi premiado por relatos en concursos como o Certame Literario de Narrativa Curta Musical, organizado por Science of Noise.
e descubre todas as novidades do libro en galego