Esta obra contén relatos, propostas, reflexións e denuncias sobre a reivindicación da Galiza, a súa dignidade, historia, lingua e liberdade. Diversos estilos acceden a contidos temáticos con núcleo interno que os une. Unha introdución á complexidade da Galiza e a súa identidade.
Manuel Cabada Castro, nado en Sabucedo (A Estrada) o 21 de outubro de 1935, é un filósofo e escritor galego.
Tras estudar no Colexio dos xesuítas de Camposancos, Carrión de los Condes, Palencia e Salamanca, licenciouse en Filosofía pola Universidade Pontificia Comillas, en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid, en Teoloxía pola Universidade de Innsbruck e doutor en Filosofía polas universidades de Múnic (cunha tese sobre o filósofo e pedagogo Gustav Siewerth dirixida polo seu mestre o teólogo Karl Rahner), e Complutense de Madrid. Foi profesor de Metafísica-Teodicea na Universidade Pontificia Comillas desde o curso 1969-1970 e de Antropoloxía Filosófica (desde o curso 1978-1979) na Universidade Complutense de Madrid ata a súa xubilación en 2005. Colaborou en Encrucillada, Grial e na revista filosófica Pensamiento, da que foi secretario de redacción.
e descubre todas as novidades do libro en galego