1. INICIO
  2. > Libros
  3. > CONECTA CO ÍNTIMO
CONECTA CO ÍNTIMO

CONECTA CO ÍNTIMO

David Otero
0 veces listado

“… e velaí a proposta sen perder a frecuencia, nin o sinal, no desexo de “conecta co íntimo”. E así a complicidade do sentepensar. Nada de perdas innecesarias, que unha , das dúas oportunidades que se dean, non será moito pedir, que sexa a de querer ler e así quedarse dando voltas e máis voltas,…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Laiovento, S.L.
Data publicación
2025-06-10
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4848-7731-8
EAN
9788484877318
Valoracións das lectoras e lectores
4.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias
4

Acabo de ler Conecta co íntimo de David Otero e publicado en Laiovento, un poemario que desde logo responde moi ben ao título que ten. Tamén conta esta obra cunha marabillosa introdución de Marica Campo, que nos axuda a entrar nesta viaxe tan persoal que temos diante. En Conecta co íntimo o autor presenta unha invitación a centrarse no mundo interior, especialmente a través dese diálogo co interlocutor ou interlocutora e consigo mesmo. Unha invitación a saír do mundo das cousas, do ruído e vivir desde aí. E xa desde os primeiros versos: conecta co íntimo toma conciencia axústate na esencia e agárrate ben aprende E nesta viaxe o eu lírico desposúese de moitos elementos, de falsas narrativas, imposicións, e nese coñecerse báixase ao íntimo no que atopamos a verdade, os recordos, os soños, a vida. Mesmo na ausencia a palabra da interlocutora se fai beleza. E xuntos aparece esa conexión co íntimo, esa profunda e anhelada intimidade na que cabe todo e sempre de forma ilusionante: non forcemos nada gustemos de nós vivir conectemos co íntimo nos optimismos proclamaremos o desexado Nesta relación fúndense pasado, presente e futuro e atopamos un desexo de permanencia desde a escrita, pero non desde a aprobación externa. Que bonito e que ben contado!

Outros libros de David Otero

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego