«Vale, a historia per se non é nada novo. Un tío pilla unha nena. A nena non quere. Aínda así, o tío píllaa, porque pode. Igual tamén porque ten que facelo para ser un tío, ou Todo o mundo o sabe. Fin. Pois iso, esta é a historia». Nos anos oitenta, nunha vila da Suíza alemá, unha rapaza é violada
"Quen crea que a burla é dolorosa non coñece o martirio do silencio." Nos anos oitenta, nunha vila da Suíza alemá, unha rapaza é violada e, apremada polos pais, casa co violador. O delito queda tapado baixo un manto de silencio. Décadas máis tarde, a muller descobre que o seu amante foi unha testemuña pasiva da violación. 'As cousas polo nome' publicouse por primeira vez en 2022. A novela retrata a vida, non precisamente feliz, no ambiente denso dunha pequena localidade, con todos os matices e os dixomedíxomes que pesan sobre os segredos varridos debaixo da alfombra. A vila é un biótopo onde impera a xenofobia, onde todo xira «en círculo, sempre en círculo», e onde nada perturba a orde patriarcal.

e descubre todas as novidades do libro en galego