Hai unha memoria do 36 que é tamén a da retagarda, a dos sorprendidos, a dos que non lograron ser heroes, a dos oportunistas de supervivencia. Ese é o argumento que propón Inma López Silva neste libro que oscila entre a memoria familiar, a ficción e o relato histórico a partir da vida do seu avó
Inmaculada López Silva, nada en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1978, é unha escritora galega.
Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en 2008 pola mesma Universidade coa tese Sistema teatral e institucións. O caso galego, dirixida por Dolores Vilavedra. É investigadora, crítica teatral e docente na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.[1]
Colabora habitualmente nas revistas Citania, Grial, Revista Galega de Teatro e Primer Acto, así como no xornal El Correo Gallego. Foi membro do consello de redacción de Dorna.
Moi moi necesario
Moi moi necesario
e descubre todas as novidades do libro en galego