Neste diario dunha escritora que vive por primeira vez a experiencia da maternidade non se pretende dilucidar ese misterio nin ningún outro. Tampouco o da vida, nin moito menos o da escritura. Se é que son misterios. Cunha linguaxe coloquial, como quen dialoga permanentemente con quen le, o texto
Inmaculada López Silva, nada en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1978, é unha escritora galega.
Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en 2008 pola mesma Universidade coa tese Sistema teatral e institucións. O caso galego, dirixida por Dolores Vilavedra. É investigadora, crítica teatral e docente na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.[1]
Colabora habitualmente nas revistas Citania, Grial, Revista Galega de Teatro e Primer Acto, así como no xornal El Correo Gallego. Foi membro do consello de redacción de Dorna.
e descubre todas as novidades do libro en galego