Xa non existe a Era Superficial no planeta Terra. Tras o Gran Cataclismo, a humanidade sobrevive soterrada nas Colmeas, estruturas elípticas con minúsculos cubículos hexagonais onde dormen os seus habitantes. Iolanda é unha adolescente que, xunto a súa filla e o seu curmán, vive nunha destas
Antía Yáñez Rodríguez, nada en Burela o 9 de agosto de 1991, é unha escritora galega.
Estudou Secundaria e Bacharelato no IES Perdouro (Burela). Enxeñeira de camiños, reside en Cecebre (Cambre), onde xestiona unha academia e fai obradoiros literarios para rapaces.
En 2018 gañou o premio Illa Nova con Senlleiras. É a historia de dúas mulleres, Alana (moza pobre) e Alda (influencer), en tempos diferentes, comezos do século XX e comezos do século XXI, pero cun mesmo problema, o maltrato dos seus homes. Na obra hai diferentes narradores e intégranse textos xornalísticos, das redes sociais etc.
En 2020 entrou na directiva da AELG. En 2022 publicou Non penses nun elefante rosa, onde trata o tema da saúde mental, en particular o TOC.
e descubre todas as novidades do libro en galego