Alba Rozas Arceo, nada en Lalín en 1988, é unha profesora, investigadora, escritora e editora galega.
Licenciada en Filoloxía Galega e Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutora en Estudos da Literatura e a Cultura na área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Foi bolseira predoutoral do proxecto "A proxección do lugar: Compostela no seu imaxinario xeoliterario. Sistemas de Información Xeográfica e Humanidades Espaciais" da USC. Participou nos proxectos de investigación "Informes de Literatura e Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil" do Centro Ramón Piñeiro e na Rede temática de investigación "Las literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano (LIJMI)". É lectora de galego da Universidade de Salamanca dende 2020.
No 2022, fundou Boadicea Editora, na que traballa como editora.
e descubre todas as novidades do libro en galego