1. INICIO
  2. > Libros
  3. > LAPISLÁZULI
LAPISLÁZULI

LAPISLÁZULI

Alba Rozas Arceo
0 veces listado
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Boadicea Editora
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4126-9516-8
EAN
9788412695168
Formato
RUSTICA
Avatar

Alba Rozas Arceo

Ver autor

Alba Rozas Arceo, nada en Lalín en 1988, é unha profesora, investigadora, escritora e editora galega.

Licenciada en Filoloxía Galega e Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutora en Estudos da Literatura e a Cultura na área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Foi bolseira predoutoral do proxecto "A proxección do lugar: Compostela no seu imaxinario xeoliterario. Sistemas de Información Xeográfica e Humanidades Espaciais" da USC. Participou nos proxectos de investigación "Informes de Literatura e Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil" do Centro Ramón Piñeiro e na Rede temática de investigación "Las literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano (LIJMI)". É lectora de galego da Universidade de Salamanca dende 2020.

No 2022, fundou Boadicea Editora, na que traballa como editora.

Valoracións das lectoras e lectores
5.0
1 valoracións

5 estrelas

100%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
pialfa
5

4,5 non quero ser coñecide como "e tipiñe ao que lle gustan as fumadas", pero non é a miña culpa que as fumadas estean tan ben escritas. o de ir cada pouco cara adiante e cara atrás no tempo dificultou un pouco a lectura e algunhas cousas déronme un pouco de vergoña allea (pero só un pouco, eh? e máis que nada ao principio), pero foi capaz de cautivarme por completo. a mestura de conceptos de xéneros completamente dispares de forma que todo encaixa no seu sitio, o sistema académico da feiticería, os personaxes (sobre todo Alecrín, que por algo é a prota), a capacidade de equilibrar os momentos serios e de jajas ata lugares insospeitados, a mensaxe sobre a importancia da colaboración e a amizade, o que significa vivir de verdade e ao que se pode chegar por manter o poder... foi unha experiencia única e probablemente inigualable. agora teño ganas da secuela porque claramente vai haber secuela, porque se non voume enfadar moito.

Outros libros de Alba Rozas Arceo

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego