1. INICIO
  2. > Libros
  3. > A CAÍDA DE GUIOMAR
A CAÍDA DE GUIOMAR

A CAÍDA DE GUIOMAR

Alba Rozas Arceo
0 veces listado
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Boadicea Editora
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4125-8124-9
EAN
9788412581249
Formato
RUSTICA
Avatar

Alba Rozas Arceo

Ver autor

Alba Rozas Arceo, nada en Lalín en 1988, é unha profesora, investigadora, escritora e editora galega.

Licenciada en Filoloxía Galega e Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutora en Estudos da Literatura e a Cultura na área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Foi bolseira predoutoral do proxecto "A proxección do lugar: Compostela no seu imaxinario xeoliterario. Sistemas de Información Xeográfica e Humanidades Espaciais" da USC. Participou nos proxectos de investigación "Informes de Literatura e Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil" do Centro Ramón Piñeiro e na Rede temática de investigación "Las literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano (LIJMI)". É lectora de galego da Universidade de Salamanca dende 2020.

No 2022, fundou Boadicea Editora, na que traballa como editora.

Valoracións das lectoras e lectores
4.0
3 valoracións

5 estrelas

33%

4 estrelas

33%

3 estrelas

33%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
soutogal
5

Un libro super ben rematado. Crea un mundo fantástico, bastante inspirado no de Tolkien, pero a partires da cultura popular galega. Gustoume m8!

Avatar
pialfa
4

creo que o maior problema que teño con este libro é que son demasiado velle para gozalo ao 100%. a trama é relativamente simple e os personaxes, malia seren interesantes, non me produciron moita conexión emocional. o mellor é sen dúbidas o mundo que crea a autora con personaxes mitolóxicos galegos. necesito máis obras nas que apareza a Orcavella, por favor, sobre todo co final que ten (se queredes saber do que falo buscade a súa lenda en google). a forma na que reinventa diversas lendas e fai que convivan nun mesmo universo é unha gozada de ler. tamén adorei o plot twist porque, aínda que podía intuír que ía acontecer, non me esperaba que a situación rematase *desa forma*. e por favor necesito un spin off das lamias porque quero saber como foi a súa historia ata chegar a Eabaca. que ademais con ese epílogo 👀👀👀. a miña conclusión é que é un libro moi recomendable para crianzas/preadolescentes que están empezando a ler, sobre todo se non coñecen moito do xénero fantástico. eu xa teño a miña experiencia por estes lares, polo que para min foi simplemente unha experiencia aceptable cun lore moi rico.

Outros libros de Alba Rozas Arceo

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego