╔ tempo de Entroido, de festa, de máscaras, de filloas e de cocido. E que pasa cando se xuntan algúns dos personaxes máis senlleiros do Entroido para darse unha boa paparota? Que non deixan nin a vergonza do galego!
Nacín en Madrid en maio de 1987, e en poucos meses as paredes da miña casa xa estaban cubertas de garabatos.
Despois de rematar o meu Bacharelato de Artes, cursei estudos superiores de Ilustración na Escola Arte 10 de Madrid . En 2012, o meu proxecto final para esta escola valeume o Premio Aurelio Blanco para estudantes de Escolas de Arte, outorgado pola Comunidade de Madrid.
Aínda que case calquera área do debuxo, o deseño e a ilustración esperta o meu interese, o meu traballo profesional ata a data centrouse na ilustración infantil e xuvenil, traballando para editoriais de prestixio como Planeta, Edelvives, Grupo SM e Anaya.
Cando o traballo me permite un momento de tempo libre, sigo debuxando, compartindo fragmentos dos meus proxectos en Instagram , esforzándome por aprender e mellorar e, sobre todo, divertíndome cos meus lapis.
e descubre todas as novidades do libro en galego