Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
• O xogo de palabras que organiza o título de Agora, eu cariota, deconstrución do signo, reconstrución do eu integrado como especie biolóxica no corpo superior da Natureza, trascende o perímetro da función lúdica para ser pronunciado como significado central dun discurso poético que se constrúe a el
• O xogo de palabras que organiza o título de Agora, eu cariota, deconstrución do signo, reconstrución do eu integrado como especie biolóxica no corpo superior da Natureza, trascende o perímetro da función lúdica para ser pronunciado como significado central dun discurso poético que se constrúe a el mesmo ao xeito de moi suxestiva Semiótica da realidade natural, elaborada co instrumento dobre da Ciencia e a Poesía. Xosé Gago escrebe a paisaxe e, asemade, le o texto dun “mundo en colapso”, tal como entende Susana Sanches Aríns o libro nun limiar de alto nivel expresivo, magnífica escrita en espello. O autor transparenta a continuación as liñas da súa vontade de acción transformadora a través do poema: “Nun mundo cada vez máis precariota, a resposta está nos procesos comunitarios, pluricelulares. Facernos eucariotas para perdernos no colectivo”. O eu desprendido do título quebrado medra cara á dimensión da persoa plural para fundirse coa materia da Natureza e das tribus humanas en alegato de vibrante e ben temperada disidencia. • Sen dimitir da fundamental pulsión épica, o poeta de Agora, eu cariota evita a pronuncia hipertrofiada do manifesto combativo tanto como a declaración esencial e inocente da comunicación pedagóxica. Este libro fundamenta a súa arquitectura nos alicerces da experiencia emocional, que se verbaliza a través dun discurso de singular estilo, fluído natural dunha voz que se interna con frecuencia en desvíos de imaxe inesperada, enigmática, polisémica, e que avanza en procura do “cromosoma da nosa identidade profunda” • Xosé Mª Álvarez Cáccamo
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro