Entre estradas e pazos, viaxando en coche ou pegado a unha bicicleta, labrando cun cicel, presumindo de templete ou tendo saudade da casa e da terra onde se naceu, avanzan os relatos de Isidro Novo, que, despois do sorprendente e descubridor `Carne de can┤, atrápanos aquí, neste `Antollos de
Isidro Xoán Froilán López Novo, nado en Lugo o 5 de outubro de 1951 e finado o 1 de febreiro de 2018, foi un escritor galego.
Exerceu varias profesións como vendedor de libros, viaxante de produtos alimentarios, administrativo ou taberneiro. Comezou como autor de literatura infantil e xuvenil coa publicación de Teaza de brétema, que foi finalista no certame O barco de vapor de 1992. En 1997 apareceu Por unha presa de machacantes, un western cómico, ao que seguiron varios libros de relatos. Iniciouse na poesía co libro Dende unha nada núa. Participou en libros colectivos, foi radiofonista facendo en Radio Clavi un programa cultural titulado Gomorritas e novas criaturas, e como xornalista fixo reportaxes para varias revistas.
Varios dos seus relatos foron premiados no certame Modesto R. Figueiredo e no Manuel Murguía. Pertence ao Colectivo Círculos Líticos, integrado, entre outros, por Antón Fortes Torres e Lois Diéguez.
Novo foi membro do consello directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega desde 2007, así como membro da sección de Literatura Oral desta entidade. Dende o ano 2008 e co apoio da AELG impulsou a sección de recuperación do idioma Palabras con memoria. Tamén dende ese ano colaborou no grande invento itinerante do experto en Literatura de Tradición Oral, Antonio Reigosa, denominado Polafías[2] como lector de poetas populares de cada lugar visitado.
e descubre todas as novidades do libro en galego