Rodrigu’Eanes de Vasconcelos, até agora perdido na imensidade das edicións globais da lírica galego-portuguesa, aparece nesta magnífica edición crítica do profesor Manuel Ferreiro como un poeta clásico do periodo afonsino, culto e coñecedor dunha tradición que nos seduce
Manuel Ferreiro Fernández, nado en Saavedra (Begonte) o 8 de marzo de 1955, é un lingüista e escritor galego.
É licenciado (1978), graduado (1979) e doutor (1990) en Filoloxía Hispánica (Subs.: Filoloxía Galego-Portuguesa) pola Universidade de Santiago de Compostela. É catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, e é un recoñecido investigador da Lingüística Histórica e Historia da Lingua Galega, nas súas liñas de investigación tamén se inclúe a Ecdótica de textos antigos galegos (medievais, medios e decimonónicos) e a Crítica Textual galego/portuguesa.
e descubre todas as novidades do libro en galego