Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
(...) non se sabía ben como, algúns si que mercan e venden, trafican e manipulan, mandan roubar e matar, divírtense e esixen telo todo limpo e a merda baixo da alfombra, falan de orde e xustiza, asenten e acusan, xulgan e executan, abandonan os seus pais en asilos e os fillos en internados, esnifan…
(...) non se sabía ben como, algúns si que mercan e venden, trafican e manipulan, mandan roubar e matar, divírtense e esixen telo todo limpo e a merda baixo da alfombra, falan de orde e xustiza, asenten e acusan, xulgan e executan, abandonan os seus pais en asilos e os fillos en internados, esnifan veleno para matar a conciencia e esquecer o miserables e infelices que son, redactan contratos, asinan cheques, denegan empréstimos, declaran con índice acusador a persoas (¡persoas!) ilegais e legais, xulgan e prexulgan sen sequera coñecer nin interesarse polo xulgado ou prexulgado, e os outros, os máis favorecidos por esa minoría, asenten, aplauden, votan e protestan porque ultimamente haiche moitos intrusos de fóra na burbulla de cristal que teñen montada para illados do fedor do verdadeiro mundo.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro