Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Edicións Laiovento ofrece nesta ocasión ao público lector a versión galega, actualizada, do libro España uniforme de José Ignacio Lacasta-Zabalza, intelectual de estilo brillante, heterodoxo, lúcido e de personalidade coerente. A partir dun rexistro correcto, non exento de fondo rigor académico e…
Edicións Laiovento ofrece nesta ocasión ao público lector a versión galega, actualizada, do libro España uniforme de José Ignacio Lacasta-Zabalza, intelectual de estilo brillante, heterodoxo, lúcido e de personalidade coerente. A partir dun rexistro correcto, non exento de fondo rigor académico e inserido, por veces, nun ambiente sarcástico, o autor amosa un discurso perfectamente argumentado, ben razoado e alleo ao discurso oficialista do sistema que concorda coa vocación de revolta contra a uniformidade española. Unha uniformidade que, segundo o autor, non está exenta de perigo antidemocrático, contra a que fago miña unha aguda reflexión de Castelao “A cegueira dos hespañoes é mal que non ten cura, porque é cegueira voluntaria. Cerran os ollos para non veren”. Cumprindo coa nosa obriga de estarmos informados do que está a acontecer no resto do Estado español, sentímonos moi honrados de compartir cos lectores e lectoras a obra dun intelectual de altura, como é o caso de José Ignacio Lacasta-Zabalza.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro