A chegada de Kumamoto revoluciona os hábitos da familia Pérez Barreiro. Non resulta habitual encontrármonos cunha máquina capaz de realizar as actividades máis diversas… Atar os cordóns dos zapatos, esconder bastóns, resolver operacións matemáticas, esconder fórmulas secretas e, sobre todo,
Xoán Babarro González, nado en Calvelo (Zorelle, Maceda) o 23 de decembro de 1947, é un escritor e lingüista galego.
Estudou Maxisterio e é licenciado en Filosofía e Letras, ingresando no corpo de mestres por oposición en 1968. Traballou arreo pola introdución do galego na escola e mais pola recuperación e defensa da lingua galega en Asturias, onde desenvolveu o labor docente até 1971, data en que se trasladou a Galicia.
É membro correspondente da Real Academia Galega desde 2002. No 2008 foi nomeado socio de honra da Nova Escola Galega.
e descubre todas as novidades do libro en galego